Extraordinario Concerto do TRIO ÁRTABRO, unha auténtica marabilla, un luxo para todos os que acudimos esta tarde de sábado o Salón Noble do Liceo de Ourense. Nesta ocasión interpretaron unha incursión no repertorio canónico para trío con piano, aportando a súa versión de obras emblemáticas de Shostakóvich e Schubert. O Trío Ártabro é unha agrupación integrada por músicos galegos cunha dilatada experiencia tocando xuntos, en diferentes formación camerísticas, NURIA DIAZ o PIANO, JAVI CEDRÓN o VIOLIN e JUANCHO ALMARZA o VIOLONCHELO. Teñen ofrecido as súas interpretacións en salas como o Museo de Belas Artes ou o Paraninfo da Universidade da Coruña. Todos eles son docentes no Conservatorio Profesional da Coruña.