O pasado domingo 17 de xuño os socios do Liceo acudimos, como fai xa 18 anos consecutivos, a Romería da Federación Galega de Círculos e Casinos Culturais que este ano se celebrou na cidade de Betanzos. Organizada pola Coral Polifónica desta cidade, cunha visita do museo, e do seu casco histórico, así como a Misa na Igrexia de San Francisco, cantada pola Coral, de maneira maxistral. Unha xantar a base de polvo e carne o caldeiro moi abundante. Mágoa que o día fose frío e chuvioso e non nos permitira disfrutar plenamente de toda a xornada. Aínda así esta xuntanza anual permitenos ver a amigos e socios de outras entidades que, case na maioria dos casos, soamente os vemos de ano en ano na ROMERIA DA FEDERACIÓN. Gracias a Manuel,  Director da Coral de Betanzos pola súa dedicación con esta Romería, o noso máis sinceiro agradecemento e felicitación.

 

 

 

Por liceo

El Liceo de Ourense es una Sociedad Cultural fundada el 3 de marzo de 1850.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *