Celebramos na tarde de hoxe a ASAMBLEA XERAL ORDINARIA DE SOCIOS, con un bo numero de socios asistentes,  na que se deu conta do Orde do Día, marcado polos estatutos da nosa Entidade, onde ademáis de aprobar a Contas Xerais do ano 2022, e os orzamentos para o ano 2023, o Presidente da nosa Sociedade, Xabier Casares Mouriño, fixo unha exposición en forma de Memoria do realizado o pasado ano. Así, manifestou que, unha das preocupacións foi, e segue sendo, manter en boas condicións esta casa. Dende o inicio do mandato desta directiva, realizáronse obras importantes, ano pasado fixéronse obras na fachada posterior e instaláronse mecanismos de encendido autómatico das luces dos baños.

Así mesmo somos, tamén, propietarios dun importante e valioso fondo artístico, con pinturas de Parada Justel, Prego, Virxilio, Quessada, Huete, José Luis de Dios, Xavier Pousa, Nestor Zumel, Alexandro, Carlos Viejo, Maite Vázquez, entre outros; e esculturas de Baltar, Buciños, Acisclo Manzano; todos eles de recoñecido prestixio. Recentemente, realizouse un traballo de catalogación deste fondo, e subscribiuse un seguro, frente a roubo ou deterioro.

Unha actividade que sempre estuvo presente na Sociedade, foi a cultural e social. Neste senso, programáronse actos, que poideran satisfacer as distintas inclinacións e gustos dos socios. Ao longo do 2022 leváronse a cabo 374 actos: literarios, conferencias, concertos, exposicións, teatro, monólogos, cine, cursos, actos festivos, seminarios e actos sociais, xogos sociais, e programas especiais para nenos. Estando francamete satisfeitos do ciclo “Recordando a…”, no que recuperamos para a nosa memoria a persoeiros relevantes da vida social, cultural da nosa ciudade, e que hoxe xa non están entre nós.

Un reto no que nos teríamos que involucrar todos os liceísas, é o de incrementar o número de socios, que ano tras ano, dende fai máis de vinte, o número de baixas, está en torno a 40 ou 60 por ano. É difícil manter unha sociedade de estas características, sen unha masa de socios, que permita afrontar os gastos diarios. Excepcionalmente no 2022, despois de tanto tempo, invirtiuse esta tendencia, e tivemos máis altas que baixas; rematamos o 2021 con 506 socios, e pechamos o 22 con 508. Soio 2 máis , pero abre a porta a unha esperanza, na que debemos traballar todos para mantela. Si cada socio actual se comprometera a facer un socio novo, daríamos un paso importante, e sairíamos de esta situación límite que pode por en peligro a persistencia do Liceo. Dende logo, dende a Xunta Directiva traballaremos neste senso, para que eso non suceda.

O Liceo, sempre se mantivo implicada na sociedade e na colaboración con outras entidades que carecen de lugares propios para desenrolar algunhas das súas actividades Recentemente, firmouse un convenio coa Universidade Popular, para que poidan desenrolar algunas das súas actividades nas nosas instalacións. Así mesmo, son numerosas as Entidades Non Gubernamentales, que solicitan a nosa colaboración. Esta axuda é valorada muy positivamente, entre outros, por organismos como a Deputación e o seu Presidente, que nos seus presupostos, dende fai varios anos, consta una importante axuda económica a nosa Sociedade, que nos permite afrontar gastos, fundamentalmente en obras e reparacións, que de outra forma seria imposible levar adiante.

Dende fai anos mantemos unha estreita colaboración coa Sociedad Filatélica Miño, coa Sociedad “Os Cogordos” e tamén co Foro Liceo, que conta coa participación de diversos colexios profesionais e colectivos empresariais.

Queremos destacar e agradecer o traballo realizado polos traballadores do Liceo; pola entrega as súas funcions, sempre orientadas a conquerir o benestar dos socios. Mostrar a nosa satisfacción por contar cunha Coral que nos enche de orgullo, que causa admiración alí onde se presenta, actuando de verdadeiros embaixadores do Liceo. Grazas, tamén, ao grupo do xogo de villar, que siguen sumando socios entre os aficionados a esta disciplina. Felicitar unha vez máis ao grupo de Axedrez, que coa axuda da Academia Postal, está estimulando con este xogo aos máis pequenos, ao tempo que está logrando importantes resultados nos torneos nos que participa.

 

Por liceo

El Liceo de Ourense es una Sociedad Cultural fundada el 3 de marzo de 1850.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *