Hoxe o Salón Noble Liceo acolleu un extraordinario concerto de piano a 4 máns a cargo de Margarita Viso & Juan Durán, adicado o compositor MARCIAL DEL ADALID .  Queremos deixar constancia do noso máis profundo agradecemento a Juan Durán e Margarita Viso pola súa grandísima xenerosidade ao ofrecernos este Concerto, un luxo que poidemos difrutar os que nesta tarde acudimos o Liceo.  Oxalá nos visitedes moitas veces.

Unha pequena reseña de Marcial de Adalid.

Marcial De Adalid (A Coruña 1826-Lóngora, Oleiros 1881) escribe dende moi novo música para piano só, e decir a dúas mans, e segue escribindo música para o que era o seu instrumento ao longo da súa vida, ata o final. Chama por eso a atención que as obras que escribíu para catro mans estén concentradas nuns poucos anos entre finais dos anos 60 e principios dos anos 70. Pódese supoñer unha razón que explique esto e tal vez teña que ver con que neses anos frecuentaba a Sociedad de Cuartetos de Madrid. Alí estrenase o 16 de febrero de 1868 a Sonata en Sol Mayor, é decir a primeira. Os seus intérpretes son amigos seus, Mariano Vázquez e Juan Guelbenzu. Na mesma sociedade esta obra repetirase en 1870 (11 de decembro) a cargo dos piansitas Mendizábal e Zabalza. Creo que estas interpretacións públicas puideron animar a Adalid a escribir este grupo de obras para piano, xa que todo parecía indicar que o público estaba receptivo a este tipo de música de cámara.
En total, as obras que deixou escritas para piano a catro mans son: «Andantino, Minuetto e Trío», «Sonate» nº 1, «3 Marches», «Marche funèbre» (á memoria de O’Donell), que foron publicadas en Paris, na editorial Flaxland entre 1868 e 1869 e finalmente a «Sonatina» nº 2 que rematou en Lóngora o 21 de outono de 1872. Esta última non chegou a ser editada pero o autógrafo consérvase na Real Academia Galega. Polo que respecta á música propiamente dita pódense observar nestas obras, escritas xa por un compositor na súa plena madurez, varias cousas. En primeiro lugar a sólida base técnica do compositor que aborda un xénero como a sonata con toda a responsabilidade que eso conleva. Na época os seus contemporáneos percibían a Adalid como un compositor de «escola alemana» o que non é desacertado, xa que estudiou concienzudamente as obras de Beethoven da man do seu mestre Moscheles, quen tivera trato persoal con Beethoven.
Ainda así, e dentro destas formas clásicas, Adalid utiliza ampliamente todos os recursos expresivos do bel canto, como xa fixeran os románticos pianistas Chopin ou Liszt, porque o bel canto é a alma, a razón de ser nunha parte importantísima de toda a música instrumental do século XIX.

Por liceo

El Liceo de Ourense es una Sociedad Cultural fundada el 3 de marzo de 1850.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *