Preciosa tarde a que tivemos hoxe no Salón Noble do Liceo co Concerto a dúo de Clarinete e piano en miniaturas a cargo de Antonio García e Natalia Méndez. Unha proposta extraordinaria con unha mostra de Miniaturas é minimalista, nun programa no que abórdanse pequenas pezas presentadas de forma individual ou en pequenos ciclos que transmiten atmósferas moi distintas e caracteres contrastados así como escrituras musicais diversas. Trátase de captar a esencia de cada unha das pezas nun tempo breve, a modo de pequenos poemas, cancións, relatos curtos, postais evocadoras ou entradas nun blog, agrupándoas nun programa extenso coma se fora un menú degustación de longo percorrido.

Moitas gracias Antonio e Natalia polo voso virtuosísmo e pola vosa delicadeza na forma de afrontar este programa, gracias de verdade, e tamén o noso agradecemento a todos aqueles que nos quixestedes acompañarnos.

Por liceo

El Liceo de Ourense es una Sociedad Cultural fundada el 3 de marzo de 1850.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *