Rematamos hoxe a programación do proxecto cultural «OURENSE UNIVERSO LITERARIO (DE OURENSE E DENDE OURENSE PARA O MUNDO», o amparo do da segunda convocatoria para presentar creacións culturais, bens ou servizos de consideración análoga, coa finalidade de incrementar os contidos creativos de interese cultural e lingüísticos do denominado Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021, da Consellería de Cultura e Turismo, Secretaría Xeral de Política Lingüistica, da Xunta de Galicia».

E non podía ser de mellor xeito, con un maravilloso Recital de Poesía a cargo da actriz LUCIA ALVAREZ. Moitísimas gracias Lucía polo teu traballo, pola túa entrega, por todo… Gracias, gracias… gracias.

Un intenso percorrido literario pola poesía dos poetas e das poetísas ourensáns, que fixeron e fan de Ourense un universo literario único, así pasamos pola obra de Curros, Celso Emilio, Pura Vázquez, Antón Tovar, José Ángel Valente, Victor Campio, o xa máis contemporaneas como Monste Villar, Chus Pato, Celia Parra, Alba Cid, Yolanda López.

O recital estivo acompañado por música en directo, así como unha iluminación específica para este evento. Moitas gracias PROSODA, María, Albino, Carlos, polo voso traballo e a Jose de PROVIDEO, polo traballo en todo este ciclo, moitas moitas gracias. sen vos esto non sería igual.

 

Por liceo

El Liceo de Ourense es una Sociedad Cultural fundada el 3 de marzo de 1850.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *