Sorprendente Abraham Cupeiro coa súa viaxe a través das músicas de Pangea, o seu último  album.

Nun coloquio dunha hora aproximada no que o compositor, intérprete e recuperador de instrumentos antigos afondou nas raíces dos sons do mundo. Incidiu nos diferentes instrumentos empregados en cada unha das cancións do álbum, propoñéndonos un percorrido global pola única linguaxe universal: a música.

Un percorrido conectando continentes e océanos a través da música. Instrumentos e sons do pasado dialogan entre sí evocando culturas e paisaxes cercanos e lonxanos, unidos polo aire. O mesmo que transporta á única linguaxe universal: a música. O único que pode unirnos para frear a desolación do planeta, en tempos onde as distancias se sinten mais ca nunca.

Pangea foi gravado en 2019 coa Royal Philharmonic de Londres nos estudos Abbey Road, saíndo á luz en setembro de 2020 baixo o selo Warner Classics.

Moitas gracias por vir e mostrarnos o teu traballo desta forma tan xenerosa, e moitas gracias a todos os que quixestedes  acompañarnos.

 

Por liceo

El Liceo de Ourense es una Sociedad Cultural fundada el 3 de marzo de 1850.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *