BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//EL LICEO DE OURENSE - ECPv4.6.19//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:EL LICEO DE OURENSE
X-ORIGINAL-URL:https://www.liceodeourense.com/2.0
X-WR-CALDESC:Events for EL LICEO DE OURENSE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=UTC+1:20261109T183000
DTEND;TZID=UTC+1:20261109T200000
DTSTAMP:20261105T115850
CREATED:20261105T090239Z
LAST-MODIFIED:20261105T090714Z
UID:18732-1794249000-1794254400@www.liceodeourense.com
SUMMARY:II Encontro de Xornalismo Social "Somos Esenciais"
DESCRIPTION:\n\nO II Encontro de Xornalismo Social «Somos Esenciais» celébrase o vindeiro luns 9 en Ourense\n\n\n\n\n\nO Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia\, coa colaboración de Gadis\, organiza o luns 9 de novembro en Ourense o segundo Encontro de Xornalismo Social «Somos Esenciais»\, para reflexionar sobre a información que dá voz aos problemas da sociedade e se pon ao servizo da cidadanía. O acto\, gratuíto e aberto para todo tipo de público\, celebrarase a partir das 18.30 horas no Liceo de Ourense e contará coa presenza de María Rodríguez e Carlos G. Hervella\, gañadores do VI Premio de Xornalismo Somos Esenciais\, así como de Brais Lorenzo e Cláudia Morán en representación do colectivo finalista\, Habitar o baleiro. \n\n\n\n\nO Liceo de Ourense (Rúa Valentín Lamas Carbajal\, 5) vai acoller o luns 9 de novembro\, a partir das 18:30\, a segunda edición do Encontro de Xornalismo Social «Somos Esenciais»\, organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia\, coa colaboración de Gadis. A xornada\, organizada arredor do premio de xornalismo homónimo que recoñece as e os profesionais que dando voz aos problemas dos axentes sociais\, quere ser unha oportunidade para achegar a poboación xeral á práctica da comunicación social.\nMaría Rodríguez e Carlos G. Hervella foron os gañadores do sexto Premio de Xornalismo Somos Esenciais polo traballo «Megaincendios na provincia de Ourense. A traxedia das chamas»\, unha serie de pezas xornalísticas publicadas no número de setembro de 2025 do xornal ourensán O Sil sobre os lumes forestais. No encontro\, os dous xornalistas debullarán os pasos do seu traballo xornalístico e explicarán ao público a complexidade de realizar unha achega multidisciplinar a esta problemática\, que analice as distintas impllicacións que ten na sociedade\, co engadido de realizalo desde un medio local e de proximidade.\nNo acto tamén vai participar Brais Lorenzo e Cláudia Morán en representación de Habitar o baleiro. Este colectivo\, formado xunto a eles por Sol Mendiguchía\, Alba Moledo e Sergio Pascual\, foi finalista do VI Premio Somos Esenciais pola serie de nove reportaxes «Habitar o baleiro: luces e sombras do rural galego»\, publicada en Sermos Galiza\, o suplemento de Nós Diario\, entre o 25 de xaneiro e o 6 de decembro de 2025. A súa participación servirá para aprofundar nas maneiras de abordar o territorio rural desde o xornalismo\, buscando novas olladas que fuxan do tópico e que\, sen abandonar o realismo\, acheguen tamén unha nota de optimismo.\nO Encontro de Xornalismo Social «Somos Esenciais» está organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia\, en colaboración con Gadis\, para recoñecer o labor de xornalistas que traballan en temas de interese social en Galicia e dalo a coñecer a sociedade\, e é de acceso libre e gratuíto. O acto complementa a convocatoria do premio de xornalismo homónimo\, convocado tamén por ambas as dúas entidades\, que naceu en 2021 para premiar o mellor traballo sobre a Covid-19 e logo se transformou nun recoñecemento ao xornalismo de temática social.\n\n\n
URL:https://www.liceodeourense.com/2.0/?tribe_events=ii-encontro-de-xornalismo-social-somos-esenciais
CATEGORIES:Conferencias
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://www.liceodeourense.com/2.0/wp-content/uploads/6aea208ce0-encontro_web.png
END:VEVENT
END:VCALENDAR