«

»

Abr 23

TALENTO en ESTADO PURO no LICEO. ADRIAN VIGO.

Onte foi un día importante no Liceo, uns deses días que se gardan para sempre, estivo con nos Adrían Vigo. Talento, moito talento, espíritu de superación, traballo, xenialiade, todo iso é Adrían Vigo.

Presentounos “Profunda amistad” un disco do que é autor tanto das letras como das composición musical. Adrían ten superado dende pequeniño dúas operacións gravísimas, naceu cunha lesión cerebral que o limita físicamente, pero e seu traballo, o seu tesón, a ilusión, y sobre todo o seu talento fixo que compuxera dende os tres anos que toque o piano.

A carón del outro ser maravillos, unha persoa que trasmite moitas cousas, moitas, pero sobre todo sinceridade, traballo e amizade, ese é David Taboada.

Tamén estivo con Adrían e David outra persoa maravillosa, Emilio Rúa. Emilio sempre está, e onte quixo cantar con eles un tema do propio Adrían, foi un monento máxico. Gracias Emilio.

En fin un luxo para o Liceo que Adrían e David nos escolleran para presentarse por primeira vez en Ourense,



A final do concerto  Adrían tivo unha grandísima sorpresa da man da xenial pintora afincada en Ourense Conchi Carbajo Yáñez.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>