«

»

Nov 16

RIBEIRO PALABRA DE CARLOS CASARES E DE OTERO PEDRAYO. onte no LICEO.

De RIBEIRO da PALABRA DE CARLOS CASARES E DE OTERO PEDRAYO falamos onte no Liceo, da mán de Xabier Castro tivo lugar esta sesión das II Xornadas de Cultura do Viño e Literatura, promovidas polo Consello Regulador da D.O. Ribeiro, coordinadas polo profesor Xavier Castro, pretenden homenaxear en Ourense, a Carlos Casares e Otero Pedrayo, ilustres escritores galegos que tiveron vencellos na súa vida e na súa obra coa comarca do Ribeiro.

A súa Denominación de Orixe, que preside Juan Casares, que tamén participou no acto , é unha das máis antigas e prestixiosas de España, e o seu viño é, sen dúbida, unha das marcas que máis acaidamente encarnan a representación da identidade simbólica de Galicia. O profesor Xavier Castro, historiador especialista na historia do viño, expuxo a relevancia do viño do Ribeiro na andaina vital e na obra dos escritores Carlos Casares e Otero Pedrayo, intercalando as súas intevencións coa visualización de fragmentos de documentais e tamén cancións relacionadas con ambos escritores. Asi mesmo, comentaou aspectos históricos da cultura do viño do Ribeiro, ilustrados cunha cantiga e un documental.

Por parte, Cristina Alcalá, xerente do Consello Regulador e considerada como unha das trece mulleres máis relevantes do mundo do viño en España, referiuse a situación actual e perspectivas de futuro do viño do Ribeiro, marcadas polo seu Consello Regulador, e tamén un comentario de cata dos viños etiquetados especialmente para este evento eno-cultural que tivemos ocasión de degustar.

Tamén participou nesta actividade o profesor Afonso Vázquez-Monxardín quén nos falou de Otero Pedrayo e as súa relación co viño, ademáis de leer un texto Oteriano escrito dous días antes de falecer con ocasión do pregón da Feira do Viño de Ribadavia do ano 1976.

Antes na  diante da estatua de Otero Pedrayo, na Praza do Correxidor tivemos unha Homenaxe e un brindis por Otero Pedrayo.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>