«

»

Oct 18

PRESENTACIÓN DO LIBRO “RIBEIRA SACRA” GUÍA PRACTICA DE MANUEL GARRIDO.

Na tarde de hoxe tivo lugar no Salón Noble do Liceo a presentación do libro “Ribeira Sacra” Guía Practica, da que autor Manuel Garrido. O autor estivo acompañado por Manuel Bragado, de director de Xerais, Xabier Limia, prologuista do libro, Tonino Álvarez, fotografo, e por Rosendo Fernández, Vicepresidente da Diputación de Ourense.

Esta guía práctica da Ribeira Sacra descóbrelle ao visitante os encantos que esta bisbarra conservou ao longo dos séculos. O amplo territorio da Ribeira Sacra, situado no corazón de Galicia, está recollido aquí de forma exhaustiva. Os ríos Miño e Sil son os protagonistas para o viaxeiro. No seu lento fluír discorren escoltados polos profundos e grandioso canóns que marcan a fisionomía desta terra. A tradición dos viñedos e os seus excelentes viños; os mosteiros e as igrexas, testemuñas do esplendor medieval; a potencia da súa natureza e as súas especies; a profundidade e fermosura das súas fragas de carballos e castiñeiros; os seus engaiolantes sendeiros; os seus pazos; as súas reitorais; e mesmo o seu acougo…, todo está recollido e documentado nesta guía práctica escrita por Manuel Garrido. Excursións, consellos, turismo rural, rutas, arte, historia, cultura, todo tipo de información práctica, mapas e fotografías abren esta guía ao visitante para mostrarlle unha das zonas máis fermosas do país.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>