{"id":12663,"date":"2021-03-23T22:44:37","date_gmt":"2021-03-23T21:44:37","guid":{"rendered":"https:\/\/www.liceodeourense.com\/2.0\/?p=12663"},"modified":"2021-03-24T11:10:04","modified_gmt":"2021-03-24T10:10:04","slug":"asemblea-anual-de-socios","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/www.liceodeourense.com\/2.0\/?p=12663","title":{"rendered":"ASEMBLEA ANUAL DE SOCIOS."},"content":{"rendered":"<p><strong><a href=\"https:\/\/www.liceodeourense.com\/2.0\/?attachment_id=12664\" rel=\"attachment wp-att-12664\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignleft size-full wp-image-12664\" src=\"https:\/\/www.liceodeourense.com\/2.0\/wp-content\/uploads\/ASAMBLEA-2021.jpg\" alt=\"\" width=\"912\" height=\"684\" srcset=\"https:\/\/www.liceodeourense.com\/2.0\/wp-content\/uploads\/ASAMBLEA-2021.jpg 912w, https:\/\/www.liceodeourense.com\/2.0\/wp-content\/uploads\/ASAMBLEA-2021-300x225.jpg 300w, https:\/\/www.liceodeourense.com\/2.0\/wp-content\/uploads\/ASAMBLEA-2021-768x576.jpg 768w\" sizes=\"auto, (max-width: 912px) 100vw, 912px\" \/><\/a><a href=\"https:\/\/www.liceodeourense.com\/2.0\/?attachment_id=12665\" rel=\"attachment wp-att-12665\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignleft size-full wp-image-12665\" src=\"https:\/\/www.liceodeourense.com\/2.0\/wp-content\/uploads\/ASAMBLEA-2021-0.jpg\" alt=\"\" width=\"899\" height=\"640\" srcset=\"https:\/\/www.liceodeourense.com\/2.0\/wp-content\/uploads\/ASAMBLEA-2021-0.jpg 899w, https:\/\/www.liceodeourense.com\/2.0\/wp-content\/uploads\/ASAMBLEA-2021-0-300x214.jpg 300w, https:\/\/www.liceodeourense.com\/2.0\/wp-content\/uploads\/ASAMBLEA-2021-0-768x547.jpg 768w\" sizes=\"auto, (max-width: 899px) 100vw, 899px\" \/><\/a><\/strong>Na tarde de hoxe, e depois da oportuna convocatoria estatutaria, ainda que por primeira vez fora do mes de febreiro debido as limitaci\u00f3ns polo Covid-19, celebrouse no Sal\u00f3n Noble do Liceo a Asemblea anual de Socios.<\/p>\n<p>O Presidente, Xabier Casares Mouri\u00f1o fixo unha exposici\u00f3n do acontecido no pasado ano en forma de Memoria, no que manifestou\u00a0 que cando hai sete anos, se fixo cargo esta Xunta Directiva, marcouse unha l\u00ednea de actuaci\u00f3n que trataron de levar adiante con coherencia, e sendo fieis \u00e1 traxectoria que, dende a s\u00faa fundaci\u00f3n, puxo ao Liceo nun elevado nivel de prestixio cultural e social entre a ciudadan\u00eda ourens\u00e1n.<\/p>\n<p>\u00c9 unha realidade, que algunhas entidades similares \u00e1 nosa, tiveron e siguen tendo dificultades para manterse en p\u00e9; aqu\u00ed en Ourense. Algunhas sociedades de recreo e cultural, t\u00e9\u00f1ense visto obrigadas a pechar as s\u00faas portas, e outras pasan por serias dificultades para sobrevivir. Con esta realidade, \u00e9 necesario que a Xunta Directiva e os socios asumamos o reto de traballar para manter vivo o Liceo, e continue sendo un importante referente cultural e social na nosa cidade.<\/p>\n<p>Outro compromiso, foi darlle prioridade ao mante\u00f1emento do edificio que nos aloxa, e que \u00e9 propiedade de t\u00f3dolos socios, para que non sufra o deterioro que, inevitablemente, marca o tempo. \u00c9 bo recordar que nunha primeira fase, renovaronse totalmente os ba\u00f1os da planta baixa e os da primeira planta, e cambiouse o tellado na s\u00faa totalidade.<\/p>\n<p>Este exercicio caracterizouse por un acontecemento que alterou significativamente a vida de t\u00f3dolos cidad\u00e1ns, no que fai referencia \u00e1 sa\u00fade, \u00e1 econom\u00eda e, mesmo, \u00e1 forma de relacionarnos. E, por suposto, alterou a vida da nosa sociedade.<\/p>\n<p>Dende o mesmo momento no que se declarou a pandemia do coronavirus, seguimos rigurosamente as directrices marcadas polas autoridades sanitarias, o que nos levou a pechar as nosas instalaci\u00f3ns dende o 15 de marzo ao 25 de maio do 2.020, e dende 20 de xaneiro ao 17 de febrero do 2.021.<\/p>\n<p>Aproveitamos este tempo para realizar unha serie de obras no edificio. As obras realizadas neste tempo foron: Retirada do espello da escaleira que da acceso \u00e1 Praza do Obispo Ces\u00e1reo, que estaba en moi mal estado, co perigo de que se desprendera algunha peza que poidera lesionar a alg\u00fan usuario. Repar\u00e1ronse, no segundo piso, as baixantes de auga, que estaban producindo importantes humidades. Reparouse, tam\u00e9n, o teito neste mesmo piso. Pintouse e adecentouse a sala que chamamos do \u201cJilei\u201d. Restaurouse a sala de xogos, incorporando un z\u00f3calo de pladur para eliminar humidades; o mesmo se fixo na sala da TV e nos pasillos que dan acceso aos ba\u00f1os. Na terraza, cambiouse o metacrilato da p\u00e9rgola, que estaba en moi mal estado, pintouse a fachada traseira, e arreglouse a arqueta, que estaba metendo humidades no edificio. No inicio deste ano, reparouse a zona da barra da cafeter\u00eda.<\/p>\n<p>Con estas obras, e coas relizadas no exercicio anterior, conseguiuse afrontar o que era m\u00e1is perentorio no que fai referencia a obras a realizar. Ahora, temos o proiecto de reparar a zona administrativa: sala de xuntas, secretar\u00eda, sala adxunta e peluquer\u00eda.<\/p>\n<p>Unha vez que se permitiu a apertura da sociedade, fix\u00e9molo con todas as medidas de seguridad establecidas, adoptando o lema de \u201cO Liceo, espacio seguro\u201d. En este tempo os socios puideron restablecer as s\u00faas tertulias, lectura de prensa, e adicarlle tempo ao ocio. \u00c9 de xusticia reco\u00f1ecer que o comportamento dos socios foi, en todo momento exemplar, seguindo escrupulosamente as directrices marcadas.<\/p>\n<p>As\u00ed mesmo, levouse adiante a programaci\u00f3n cultural que nos caracteriza: conferencias, presentaci\u00f3n de libros, exposici\u00f3ns, programaci\u00f3n musical.<\/p>\n<p>Non sabemos canto tempo durar\u00e1 esta situaci\u00f3n, pero seguiremos ofrec\u00e9ndolle aos socios a posibilidade de que fagan uso de esta s\u00faa casa con total seguridade.<\/p>\n<p>No aspecto econ\u00f3mico expuxose a situaci\u00f3n da sociedade, que sin ser, precisamente moi boiante, p\u00f3dese dicir que o plan de aforro dise\u00f1ado, cando esta direciva se fixo cargo da sociedade, deu resultado; esto unido \u00e1s subvencions recibidas por parte de organismos oficiais, concretamente, Xunta de Galicia e Deputaci\u00f3n, as\u00ed como o alquiler de locales, permitiunos levar adiante as obras anteriomente rese\u00f1adas. De calquera xeito, sociedades como esta te\u00f1en que manterse coas cuotas dos socios. \u00c9 aqu\u00ed onde temos o principal reto, xa que ano tras ano o n\u00famero de liceistas desminue. No momemento actual somos 541. \u00c9 necesario que nos impliquemos todos en ampliar a masa social. Si cada liceista, adquirise o compromiso de facer un novo socio, alcanzar\u00edamos a cifra de 1.082 socios, o que nos permitir\u00eda cami\u00f1ar sin problemas.<\/p>\n<p>Os licistas sent\u00edmonos moi orgullosos da nosa Coral, a Coral do Liceo dirixida por do\u00f1a Yolanda Grela Betoret, que conta coa admiraci\u00f3n e cari\u00f1o de t\u00f3dolos socios.<\/p>\n<p>Sup\u00f3n unha grande satisfacci\u00f3n contar cun Club de Xadrez que dirixe o membro da directiva Joaqu\u00edn Bello e que est\u00e1 patrocinado polo Grupo Academia Postal; que nos est\u00e1 proporcionando moitas alegr\u00edas polos \u00e9xitos acadados.<\/p>\n<p>Estamos, tam\u00e9n, moi satisfeitos polo impulso que estamos observando no xogo do villar, debido o entusiasmo dun grupo de socios e da implicaci\u00f3n do directivo Jos\u00e9 Luis Rodriguez Carnicero.<\/p>\n<p>Seguimos colaborando coa Sociedade Filat\u00e9lica Mi\u00f1o e coa asociaci\u00f3n \u201cOs Cogordos\u201d, cuias exposici\u00f3ns representan xornadas de significado valor para os liceistas e para os ourensans en xeral.<\/p>\n<p>O Presidente non quixo rematar, sin ter un cari\u00f1oso recordo para duas persoas moi ligadas a esta casa, que xa non est\u00e1n entre n\u00f3s: Pepe Fern\u00e1ndez, que foi Presidente de outono de 1.971 a Xaneiro de 1.976 e de \u00c1lvaro Rodr\u00edguez Casasnovas , que foi tesoreiro e secretario dende o ano 1.978 ata o 2.002. \u00c1mbolos dous eran Socios de Honor.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Na tarde de hoxe, e depois da oportuna convocatoria estatutaria, ainda que por primeira vez fora do mes de febreiro debido as limitaci\u00f3ns polo Covid-19, celebrouse no Sal\u00f3n Noble do Liceo a Asemblea anual de Socios. O Presidente, Xabier Casares Mouri\u00f1o fixo unha exposici\u00f3n do acontecido no pasado ano en forma de Memoria, no que [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[4],"tags":[],"class_list":["post-12663","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-liceo"],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/www.liceodeourense.com\/2.0\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/12663","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/www.liceodeourense.com\/2.0\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/www.liceodeourense.com\/2.0\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/www.liceodeourense.com\/2.0\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/www.liceodeourense.com\/2.0\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=12663"}],"version-history":[{"count":2,"href":"http:\/\/www.liceodeourense.com\/2.0\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/12663\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12667,"href":"http:\/\/www.liceodeourense.com\/2.0\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/12663\/revisions\/12667"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/www.liceodeourense.com\/2.0\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=12663"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/www.liceodeourense.com\/2.0\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=12663"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/www.liceodeourense.com\/2.0\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=12663"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}