Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

Presentación de Aura 1964, de Ignacio Vilar

12 noviembre, 2021|20:00 - 21:30

Presentación de «Aura 1964», de Ignacio Vilar, no Salón noble do Liceo de Ourense.Acompañando o autor, estará o actor Rubén Riós e a actriz Laura MíguezEscudero.O primeiro guión publicado antes de rodar a película.Con este título a editorial inaugura no seu catálogo a colección Guiónna que aposta pola publicación de textos escritos para o cine. AEditorial Galaxia aposta a favor da memoria histórica con “Aura 1964”,de Ignacio Vilar, guión da súa nova película, e un proxecto apoiado poloCreative Europe Media (programa deseñado para o apoio do cinemaeuropeo).As lectoras e lectores poderán ler o guión cinematográfico antes deasistir á estrea da película. Unha novidade sen precedentes, xa que estaé a primeira vez que se publica, no Estado Español, antes o guión dofilme que a estrea en cines.O cineasta Vilar, que xa nos ten acostumados a éxitos como «A esmorga»(2014, producida tamén por Editorial Galaxia), baseada na novela deEduardo Blanco Amor, primeira longametraxe rodada en galego e nominadaaos Premios Goya ao Mellor Guión Adaptado, e premiada no XXFestival duCinéma Espagnol de Toulouse ao Mellor Director (ad hoc), MellorInterpretación Masculina e Mellor Fotografía, non dubidou en dar o pasoe compartir con todas e todos este fabulosoguión.“Ningún ditado pode sufocar a sede de liberdade dun neno”. Esta é afrase que enmarca a portada do título; toda unha declaración deintencións do cineasta que, a través destas páxinas, achéganos a unharealidade marcada polo adoutrinamento, a mentira e a aldraxe dadignifidade en nome de Deus e da patria fascista. España, 1964. Un anono que a ditadura celebra os seus “25 años de paz” baixo o réximefranquista.A través dos seus ollos e vivencias, Siro, o protagonista, amosará comoera o ambiente da época, opresiva e abafante, na que a sociedade se viuobligada a subsistir. Unha situación á que, a través da rebelión, o mozoe os seus amigos Cosme e Berto, despregarán a súa maxia adolescentevivindo momentos de iniciación e descubertas, nunha búsqueda constanteda liberdade.Unha maneira completamente distinta de acceder á historia, xa que unguión non se le da mesma maneira ca outros libros. As lectoras terán queconstruír a película a través da palabra e a propia imaxinación, coassúas cores e imaxes.Ignacio Vilar (Castrofolla, Petín de Valdeorras), non precisa moitaspresentacións, xa que é un dos nosos cineastas máis consolidados, cunhatraxectoria impecable ao longo de sete longametraxes, na que o universogalego está sempre no centro. Aos dezaoito anos trasladouse a Cataluña,onde colaborou na creación dunha escola de cine na Universitat deBarcelona. En 1989 recibiu o Premio Carlos Velo polo guión «Ollobirollo» e en 1990 fundou a produtora Vía Láctea Filmes, para a quedirixe curtametraxes e longametraxes cinematográficos. Entre a súafilmografía destacan películas como «Ilegal» (2003), «Un bosque demúsica» (2004), «Pradolongo»(2008), «Vilamor» (2012), «Sicixia» (2016) e «María Solinha» (2020).

Detalles

Fecha:
12 noviembre, 2021
Hora:
20:00 - 21:30
Evento Categoría:

Organizador

EDITORAL GALAXIA