XORNDADA DA POESÍA

Xornada adicada a Curros

A Sección de Literatura do Liceo de Ourense organiza hoxe unha Xornada adicada á memoria de Manuel Curros Enríquez no I Centenario do seu pasamento, co seguiente programa:
12.00 horas. Colexio Curros Enríquez Ofrenda floral e Recital diante da Estatua do Poeta polos Alumnos do Colexio. Intervención de Marcos Valcárcel.

20.15 horas. Salón Noble, Liceo de Ourense. Mesa Redonda ‘‘Vida e obra de Curros Enríquez’’ Interveñen: Xesús Alonso Montero;Antonio Piñeiro;Marcos Valcárcel.


O acto da mañá, sinxelo pero moi interesante, sobre todo pola atención dos rapaciños do Colexio Curros Enríquez, a quenes lle agradecemos a sua voa disposición e tamen os Profesores e Director do Centro.
Empezou con un pequeno recital de varios dos alumnos de 5º e 6º, logo fixo unha intervención o Director da Sección de Literatura do Liceo, Marcos Valcárcel, quen fixo un recorrido pola vida de Curros Enríque, breve como correspondía pero moi acertada. Rematou o acto con unha ofrenda froral polos propios alumnos e a intervención do Delegado de Educación Gonzalo Sueiro.

ASEMBLEA XERAL DE SOCIOS

Cronica dunha viaxe a Peninsula do Morrazo

Nove e media da maña dun domingo chuvioso, propio da nosa Galicia, arrincamos oitenta liceistas cara a ría de Vigo, a primeira parada «Colegiata de Cangas», é a gran xoya artística do Municipio de Cangas. A maior parte da sua construcción data do século XVI, ainda que se cree que o primitivo templo remontase ao menos un século máis atrás. Durante casi 500 anos viviuo modificacións e aportacións de cada época e estilo.
Tempo para repoñer forzas, de camiño de Cabo do Home, un deses espacios de Galicia, con encanto feiticeiro, onde se acaba o mundo, segue a choiva, que fai do lugar aínda máis misterioso.

Volta a sobre os nosos pasos, e chegamos a Hío, o primeiro que atopamos e O Cruceiro de Hío unha das grandes maravillas do patrimonio etnográfico de Galicia. Está tallado casi na sua totalidade en un so bloque de granito polo maestro Cerviño no ano 1872. Na propia igrexía Parroquial celebramos a Misa, e logo a repor forzas no Restaurante Pereiro, onde comemos moito, e ben.

Pola tarde, viaxamos ata Marín, onde moi amablemente no atenderon na Escola Naval Militar, cunha visita moi interesante, especialmente detacable é o pequeno Museo. Una anaco de tempo para pasear por Marín e tomar un café, xa sin choiva, e volta para Ourense. Un día moi aproveitado, feliz, onde a familia liceista volveu a demostrar a amizade, e as ganas de conocer a nosa terra, para defendela e coidala.

Para a memoria, a Conferencia de Manolo Rivas no Liceo

Conferencia de Manolo Rivas, no programa dos Encontros Literarios do 2008 organizados polo Liceo de Ourense.

Na Memoria a Conferencia de Luis Mateo, nos Encontros Literarios do Liceo

Os liceistas máis novos manteñen o espiritu do Carnaval

Os liceistas máis novos manteñen vivo o Carnaval no Liceo, a xa tradicional «Festa Infantil de Carnavales», celebrase arestora con gran éxito, máis de quinientos nenos, a base dos novos socios do Liceo, festexan a Don Carnal.

AS PORTAS DUNHA NOVA EDICIÓN DOS XOVENES INVESTIGADORES

A fidelidade coa que ano tras ano «EL LICEO DE OURENSE», acolle, alenta e eficazmente realiza o ciclo de xóvenes investigadores é en primeiro lugar sinal da seriedade da Institución e da xenerosidade dos seus dirixentes e de todos os liceístas.
Alguén falou de que hoxe hai unha cultura da non escoita, non escoitar é desinterese e egoísmo e por outro lado que importante, sanante e estimulante é que alguén nos escoite. Cando alguén traballa, pensa, escribe, reflexiona e quere decirnos algo, regalarnos o que sabe é precioso querer escoitar, porque escoitar é unha maneira de agradecer e de animar.
Pero ademáis é intelixente escoitar, porque escoitar é a antesala do saber e saber algo máis do que sexa, nos enriquece.
Por eso perseveramos neste ciclo co desexo de que ao menos os liceístas o arroupen coa sua presenza e co seu interés.
Quen agradece e anima fai mellor o mundo e é bonito que así sexa costando a veces tan pouco.
«El LICEO DE OURENSE», agradecelle os xóvenes que iste ano están no programa a sua disponibilidade, agradece o Arquivo da Catedral que siga contando co Liceo, agradece a Delegación Provincial da Consellería de Cultura que colabore con nos a facer posible esta feliz costume de cada febreiro, onde os máis xóvenes toman a palabra para que os escoitemos.

MANOLO RIVAS NOS ENCONTROS LITERARIOS

Artigo de Marcos Valcarcel, na seu blog: http://www.asuvasnasolaina.blogspot.com/

Concordo co dito máis abaixo por Etxe. Escoitei falar bastantes veces a Manuel Rivas, pero nunca como onte. O Liceo a rebosar: 246 persoas, contadas (dende enriba, por min). Público diverso, dende alumnos de Institutos a persoas moi maiores, diverso en ideoloxías e sensibilidades. Trala miña presentación, Rivas falou uns tres cuartos de hora (8,3o a 9,15) lendo e comentando dous relatos-memoria: un sobre a súa nai, outro sobre o seu pai. Co do seu pai xa se notaba un in crescendo de entusiasmo na sala. Pensamos que acababa pero Rivas emocionouse e tirou para diante (eu non teño présa, vostedes verán): xa sen papeis, só unhas notas con tres ou catro nomes soltos (Chao de Felisa, Reimundo Patiño, Rodríguez Pampín, etc.), o escritor abriu a caixa dos soños e da infancia e embalouse. Falou sen parar ata as 10,5 horas. Case ninguén se levantou. Xa non podía haber coloquio: tal era a tensión da sala, calquera intervención rebaixaría aquilo que, dixen eu ó remate, non era unha conferencia, senón outra cousa. Un xénero superior, habería que buscarlle nome: un anaco de vida transformado en literatura. Por sorte, os que non asistiron, poderán escoitala dende mañá na web do Liceo.

Conferencia de JUAN CRUZ

Para que quede na rede, esta e a Conferencia de Juan Cruz, nos Encontros Literarios do Liceo, do ano 2008.