Presentación de “Castelao. De chumbo a verba”. De Miguel López.

Onte presentouse no Liceo de Ourense a o filme sobre a vida de Castelao en Pontevedra do director e guionista Miguel López , acompañado polo portagonista Xavi (Iago Novoa na realidade) , e coa coa actuación de María do Ceo que interpretou os temas musicais da película.

‘Castelao. De chumbo a verba’ é un documental ficcionado no que se mistura a época actual, imaxes de arquivo de Castelao e flashbacks que nos achegan as dúas froitíferas décadas -de 1916 a 1936- da vida do artista e escritor rianxeiro, axudando a entendermos o seu pensamento e a súa vida persoal, cultural e política.

Deja un comentario

Tu email nunca se publicará.